El Correo Gallego, 6 febrero 2000

Familias numerosas

O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Economía e Facenda, Rodrigo Rato, dixo onte que é preciso avanzar cara a unha lei de familias numerosas e asegurou que o Goberno do PP avoga por unha política de familia, en contra doutras formacións políticas. Rato, que fixo esta declaración antes de inaugurar o II Congreso Nacional de Familias Numerosas, celebrado onte en Madrid, afirmou que "é imprescindible'' que haxa unha lei de familias numerosas, para que no Parlamento se coñezan os custos que soportan estas unidades familiares.

Tamén dixo entender "que unha familia nunca estea satisfeita co que fai un goberno'', pero sinalou que o do PP deu pasos moi importantes en apoio e axuda a todas as familias, pero sobre todo ás 1,4 millóns de familias numerosas que existen en España. Lembrou que o actual Executivo recoñeceu un mínimo familiar no IRPF, no que o número de fillos conta para pagar menos impostos, ademais aumentou o número de bolsas e está facendo unha política de vivendas "agresiva'', segundo as súas palabras.

[anterior]